
O Club Financiero Vigo
O Club Financiero Vigo é unha asociación privada, de carácter independente, que dende 1993 defende os intereses das mulleres e homes de empresa de Vigo e a súa área de influencia, contribuindo ó desenvolvemento económico de Galicia e o norte de Portugal.
O Club Financiero Vigo está integrado polas 300 empresas máis importantes do sur de Galicia, o volume de negocio das cales supera os 9.000 millóns de euros. Pertencentes ás máis diversas actividades económicas, as empresas accionistas caracterízanse por ocupar posicións de liderazgo nos seus respectivos sectores e mercados. O Clube ten ademais case 700 socios: empresarios, altos executivos e profesionais, que comparten un forte compromiso co progreso social e económico do sur de Galicia.
O Clube actúa como grupo de opinión entre as administracións públicas e a sociedade galega en todos aqueles asuntos que atinxen ó desenvolvemento da actividade empresarial en Vigo e a súa área metropolitana.
Tamén leva a cabo unha intensa actividade como foro de información e debate, organizando regularmente múltiples actos destinados á formación de opinión entre as mulleres e homes de empresa.
Ademais, a sede é un marco privilexiado para a organización de todo tipo de actos de empresa, o acceso a novas oportunidades de negocio, o intercambio de experiencias ou, sinxelamente, o establecemento de novas relacións con outras mulleres e homes de empresa.
| Aviso Legal | Contacto | © copyright Club Financiero Vigo |




