Área de Restauración

A Área de Restauración ofrece ós socios do Club o marco axeitado para levar a cabo cantares de traballo, xa sexa no restaurante xeral ou nos comedores privados.

Ademais do seu ambiente exclusivo e coidade decoración, esta área conta cunha completa e variada carta na que se poden degustar pratos da cociña tradicional galega, así como doutras rexións españolas.

Restaurante

Cunha capacidade para 250 persoas, o comedor xeral ten unha carta que varía en función da tempada do ano e que se ve completada cunha ampla oferta de viños.

Comedor Rosalía de Castro

O comedor ‘Rosalía de Castro’ ten capacidade para acoller ata 25 persoas. A súa coidada decoración, así como a súa ubicación nunha zona apartada, fan deste espazo o lugar axeitado para aquelas comidas que esixen un tratamento especial pola súa relevancia.

Comedores Privados

Para comidas que requiran de certa confidencialidade, o Club dispón de seis comedores privados que poden acoller entre 10 e 40 servizos. En todos eles predominan unha selecta decoración, un ambiente confortable e un servizo altamente profesional.

Acceso de Socios
Acceso de Socios
Próximos Eventos
Os nosos Socios

Aviso Legal Contacto © copyright Club Financiero Vigo